viernes, 5 de diciembre de 2014
VII NOITEBOA INFANTIL
sábado, 1 de febrero de 2014
6 ANOS DE HISTORIA (por Ramón González)
lunes, 23 de diciembre de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
VOLVE A ROMERÍA!!!!....24 e 25 de XULLO
jueves, 28 de junio de 2012
viernes, 15 de junio de 2012
PROGRAMA DA ROMERIA DE SARGADELOS 2012
15:00 Xantar de Romería
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2012
23:00 IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN cos grupos:
LOS ETERNOS (Cedeira)
MEDOMEDÁ (Teo)
(Sorteo de 2 entradas para EXTREMODURO en Coruña).
RECAMBIOS TUCHO (Sta Uxía de Ribeira)
THE BROSAS (Burela).
MÉRCORES 25 DE XULLO(día do Santiago Apóstol):
12:00 Lanzamentos de bombas de palenque.
13:00 Misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo.
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas Airiños do Xunco.
14:00 Sesión vermouth a cargo de VIVARIUM
15:00 Xantar de Romería
20:00 PANCETADA e CHORIZADA
22:00 TREIXADURA EN CONCERTO
23:30 Queimada Gratuita
23:30 Verbena a cargo de VIVARIUM
Con comidas campestres, zona de acampada....MONTA O TEU CHIRINGO
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA:
EXCMO Concello de Cervo
EXCMA Diputación de Lugo
INLUDES
lunes, 30 de abril de 2012
AVANCE DO "IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN"
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos será a encargada de organizalo festival, que ao mesmo tempo vai encadrado dentro da programación cultural da Romería de Sargadelos que se celebrará os días 24 e 25 de xullo do presente ano na paraxe histórica-cultural de Sargadelos. Destacar tamén, que por cuarto ano consecutivo, Mas Db´s Sonido Profesional encaragarase do equipo de luz e son, e así darlle un toque de maxia e calidade a dito festival, que estará composto por catro bandas de diferentes puntos da xeografía galega.
Podemos adiantar que os burelenses THE BROSAS, LOS ETERNOS de Cedeira, RECAMBIOS TUCHO de Ribeira e os MEDOMEDÁ de Teo están oficialmente confirmados. Nos próximos días confirmaremos o concerto folk. Queridos romeir@s quedan 90 días e baixando. Seguiremos informando.
lunes, 2 de abril de 2012
IV CAMPEONATO DE MUS
A inscrición custa 20 euros por parella e os premios serán do 50% da inscrición para os gañadores, e o 20% para os subcampións, máis agasallos para os finalistas . O Campionato, en función das parellas apuntadas, comezará cunha fase previa de grupos, pasando posteriormente a unha fase final.
Para apuntarse, simplemente chamar ao 653.324.047. Animarse!
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: Pousada O Almacén
miércoles, 29 de febrero de 2012
Entrevista da Voz de Galicia sobre A IV FESTA DA FABADA de Cervo....
-En fabas, ¿cantos quilos?-Encargamos 50 quilos de fabas a unha empresa de Vegadeo.
-Cervo acolle outras festas como a do mexilón, erizo, carne de porco, a do ovo frito... Queda pouco onde escoller.-Verdade. Nós tiñamos claro de facer algo gastronómico, sobre todo nesta época do ano que se quere algo quente e caldoso, para sacar financiación para as festas de Sargadelos.
-¿Cantas racións venderán?-Nestes últimos dous anos vendimos 250 ou algo así.
-A actividade central do colectivo é revivir Sargadelos. ¿Que poden adiantar da romería?-A estas alturas non hai nada pechado. Só sabemos as datas: 24 e 25 de xullo. Vamos seguir na liña de traer un grupo folk grande, do estilo de Berrogüeto que actuou o ano pasados. Seguimos na liña de comidas campestres, música a pé de festa e foliada.
-É inevitable citala: a crise.-Se antes faciamos tres días de festa, este ano a limitamos a dous días. Tamén para non arriscarnos a gastar moito.
-¿Cantos socios teñen?-O noso caso é peculiar porque non temos socios. A asociación constituise fundamentalmente para organizar a Romería de Sargadelos. Vámonos financiando a través das axudas de institucións, concello e Deputación, e eventos que organizamos ao longo do ano.
ramiro chaves vicepresidente da asociación fervenza
martes, 21 de febrero de 2012
IV FESTA DA FABADA
Posteriormente dito evento gastronómico, social e cultural, estará amenizado polo Grupo VIVARIUM dende as 20:00 ata o remate da festa.
Destacar que a ración de fabada estará composta polo rico manxar de fabada, pan, viño e cazola, a un prezo de 5 €.
HABERÁ CARPA
ESPERÁMOSVOS!!!!!
ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA:
EXCMO. CONCELLO DE CERVO
EXCMA. DIPUTACIÓN DE LUGO
INLUDES