domingo, 12 de abril de 2009

I CAMPEONATO DE MUS

Este pasado sábado, 11 de abril, celebrouse no Café Caseto de Copa, o I Campeonato de Mus "Fervenza de Sargadelos". Con doce parellas participantes, saíron gañadores Rolando e Camouco de Burela, frente a Julián e Xan tamén da localidade burelá. A primeira parella gañou un total da 50 % da recaudación máis dúas botellas de viño Rioxa e Albariño. A segunda parella clasificada, acadou o 20 % da recaudación máis outras dúas botellas de viño, Ribeiro e Rioxa.
Dende a Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos, queremos agradecer a todas as parellas participantes por un día moi especial de mus e sobre todo da gran deportividade demostrada. Gracias.

No hay comentarios: