jueves, 30 de abril de 2009

I MARATÓN DE TUTE "Fervenza de Sargadelos"

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza, logo do campionato de mus, o seu primeiro Maratón de Tute. Será o 9 e 10 de maio (ou un só día, en función da cantidade de participantes). A competición será por liguilla accedendo os mellores ás eliminatorias. O prezo da inscripción será de 20 euros por parella, e podedes apuntarvos tanto no 653.324.047 coma no Caseto de Copa, con data límite do xoves 7 de maio. Os primeiros clasificados obterán o 40% da recaudación, os subcampións o 20% e os terceiros o 10%. No caso de non poder asistir a tódalas partidas, non vos preocupedes; cada parella pode escoller un participante máis como sustituto ocasional.
Será no Caseto de Copa e na Pousada O Almacén, na localidade de Cervo. O maratón comezará o sábado 9 ás 11 da mañá ata as 14:00, e de 16:00 ata rematar.

domingo, 12 de abril de 2009

I CAMPEONATO DE MUS

Este pasado sábado, 11 de abril, celebrouse no Café Caseto de Copa, o I Campeonato de Mus "Fervenza de Sargadelos". Con doce parellas participantes, saíron gañadores Rolando e Camouco de Burela, frente a Julián e Xan tamén da localidade burelá. A primeira parella gañou un total da 50 % da recaudación máis dúas botellas de viño Rioxa e Albariño. A segunda parella clasificada, acadou o 20 % da recaudación máis outras dúas botellas de viño, Ribeiro e Rioxa.
Dende a Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos, queremos agradecer a todas as parellas participantes por un día moi especial de mus e sobre todo da gran deportividade demostrada. Gracias.