miércoles, 29 de febrero de 2012

Entrevista da Voz de Galicia sobre A IV FESTA DA FABADA de Cervo....

Galicia en xeral é terra de bo comer. A Mariña tamén se sinte identificada coa arte da cociña. Proba delo as innumerables festas que hai nesta comarca. En breve virá unha fin de semana de marcado carácter gastronómico, coa IV Festa da Fabada de Cervo na que a asociación Fervenza de Sargadelos rinde culto a un prato quente e de culler. Será este sábado 3 ás 19.30 no Souto, con racións a 5 euros (fabada, cazola, pan e viño) e o sorteo de 5 quilos de centolos.

-En fabas, ¿cantos quilos?-Encargamos 50 quilos de fabas a unha empresa de Vegadeo.

-Cervo acolle outras festas como a do mexilón, erizo, carne de porco, a do ovo frito... Queda pouco onde escoller.-Verdade. Nós tiñamos claro de facer algo gastronómico, sobre todo nesta época do ano que se quere algo quente e caldoso, para sacar financiación para as festas de Sargadelos.

-¿Cantas racións venderán?-Nestes últimos dous anos vendimos 250 ou algo así.

-A actividade central do colectivo é revivir Sargadelos. ¿Que poden adiantar da romería?-A estas alturas non hai nada pechado. Só sabemos as datas: 24 e 25 de xullo. Vamos seguir na liña de traer un grupo folk grande, do estilo de Berrogüeto que actuou o ano pasados. Seguimos na liña de comidas campestres, música a pé de festa e foliada.

-É inevitable citala: a crise.-Se antes faciamos tres días de festa, este ano a limitamos a dous días. Tamén para non arriscarnos a gastar moito.

-¿Cantos socios teñen?-O noso caso é peculiar porque non temos socios. A asociación constituise fundamentalmente para organizar a Romería de Sargadelos. Vámonos financiando a través das axudas de institucións, concello e Deputación, e eventos que organizamos ao longo do ano.

ramiro chaves vicepresidente da asociación fervenza

martes, 21 de febrero de 2012

IV FESTA DA FABADA

O Sábado 3 de Marzo, A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza a súa IV FESTA DA FABADA. Comezaranse a repartir as racións a partir das 19:30 no interior da carpa que estará situada na Praza do Souto de Cervo, recollendo previamente o ticket de compra da ración.
Posteriormente dito evento gastronómico, social e cultural, estará amenizado polo Grupo VIVARIUM dende as 20:00 ata o remate da festa.

Destacar que a ración de fabada estará composta polo rico manxar de fabada, pan, viño e cazola, a un prezo de 5 €.

HABERÁ CARPA

ESPERÁMOSVOS!!!!!


ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS

COLABORA:
EXCMO. CONCELLO DE CERVO
EXCMA. DIPUTACIÓN DE LUGO
INLUDES