miércoles, 16 de septiembre de 2009

NORABOA ÓS GAÑADORES!!!!

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos dá a noraboa a Antonio Rodríguez Lozano e a Fuensanta Alonso López veciños da parroquia de Viladesuso (Cervo), por seren os gañadores do sorteo da O.N.C.E celebrado o 27 de xullo do presente ano e que outorga unha fin de semana na Casa Rural "Balcón de Oscos", en Santa Eulalia de Oscos.
O sorteo consistía en que as tres últimas cifras do número premiado era o que outorgaría o premio, neste caso foi o 725. E baixo a supervisión da xunta directiva o número da papeleta foi totalmente correcto. Dende a xunta directiva parabéns ós gañadores.
Disfruten!!!

martes, 8 de septiembre de 2009

II PORRA DE FÚTBOL PRO-ROMERÍA 2010

Comezamos unha nova tempada, e a A.C.R. Fervenza de Sargadelos ofrecevos a oportunidade de participar na "II Porra de fútbol pro-romería de Sargadelos 2010". Poñeranse os tres partidos máis destacados do futbol da Mariña. A aposta será de 0.50€. O acertante dos tres resultados leverá o 90% do bote acumulado. De haber máis dun acertante dos tres resultados, repartirase o premio entre éstes. Se non resultase mingún acertante, ese 90% pasará a formar parte do bote sa xornada seguinte. Finalmente o bote acumulado formará parte do premio xornada a xornada. Poderás facer a túa aposta tanto no Caseto de Copa como na Pousada O Almacén.
SORTE!!!!