jueves, 27 de junio de 2013

VOLVE A ROMERÍA!!!!....24 e 25 de XULLO

     Un ano máis, e por quinto ano consecutivo, a A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS, será a encarga de organizar a Romeria de Sargadelos 2013. Corrían rumores de que non ía haber festa por mor da maldita crise, pero a xuventude cervense non podía permitir que iso ocurrise, e seguimos adiante con este fermoso proxecto que naceu no 2009.
     A Romería celebrarase os días 24 e 25 de xullo celebrando o Santiago Apóstol. Novamente dita festa virá cargada de actividades lúdicas, musicais e por suposto gastronómicas. Nos vindeiros días comezaremos a publicar polo miúdo toda a programación.
         De antemán queremos agradecer dende este humilde recuncho, toda esa axuda humana e desinteresada da xente de Cervo e arredores, así como ao EXCMO. Concello de Cervo e empresas do municipio pola súa axuda.

        Esperemos que sexa unha bonita Romería, onde a música o viño e o bo xantar sexa o protagonista.....