martes, 28 de diciembre de 2010

CESTA DO DÍA DO NENO

Chega o día 6 de xaneiro, e chega o día do NENO. A A.C.R Fervenza de Sargadelos ofrécevos a oportunidade de gañar unha gran cesta do NENO. E para iso simplemente tendes que acercarvos á "Pousada O Almacén" de Cervo e botar unha firmiña por un módico prezo de 2€.......ou máis.

O número gañador será aquel que coincida coas dúas últimas cifras do gordo da Lotería do Neno, que se celebra o día 6 de xaneiro.

"Fervenza de Sargadelos" non para, e seguímosvos ofrecendo a opotunidade de gañar premios, para os cales agradecemos a vosa colaboración

MOITA SORTE

jueves, 2 de diciembre de 2010

III NOITEBOA INFANTIL

VENRES 24 de DECEMBRO celebramos a III NOITEBOA INFANTIL para os máis pequenos da casa, coas seguintes actividades:

-BENVIDA A TOD@ OS NEN@S
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
-CHOCOLATADA GRATUITA
-VISITA DE PAPÁ NOEL
-CONTACONTOS INFANTIL

Durante a tarde venderanse rifas, para o posterior SORTEO DE 5 KG DE CENTOLOS que se celebrará nos bares de Cervo, a partires das 20:30 h.

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo

viernes, 22 de octubre de 2010

Á VENTA A LOTERÍA DE NADAL

Comunicar que xa está a venta, a lotería de nadal da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. Poden mercala nos seguintes establecementos: Café-bar CASETO DE COPA, FARMACIA de Cervo, GASOLINERA de Cervo e Pousada O ALMACÉN. Ou tamén a calquera membro ou colaborador da asociación

O número é 0 47.126, o portador da papeleta xoga a cantidade de 4 €, para o Sorteo Extraordinario de Nadal, que se celebrará o día 22 de decembro de 2011. O prezo da papeleta é de 5 €, coa participación de 4 € e 1€ de donativo.

Os décimos están depositados no BBVA de Cervo

MOITA SORTE

lunes, 20 de septiembre de 2010

CEA DE MEMBROS E COLABORADORES

Despois dun ano de duro traballo, e de ver os obxetivos cumplidos, a A.C.R Fervenza de Sargadelos, celebra este sábado 25 de setembro na Pousada O Almacén, a cea anual para membros da xunta directiva e colaboradores. Unha boa forma de xuntarnos e disfrutar do momento.

Os membros da xunta directiva, agradece toda a colaboración recibida ó longo do ano, e non só na organización da Romería de Sargadelos 2010, senón tamén que agradece o traballo e comprimiso nas activdades que se fixeron con anterioridade (noiteboa infantil, campionato de mus, festa da fabada, etc). Gracias a todos vós

Por outra banda, Fervenza está de aniversario, xa que tamén este sábado, a entidade cumpre dous anos de vida, e esperamos que sigamos cumprindo moitos máis. Traballando no e para o pobo.

miércoles, 21 de julio de 2010

PRESENTACIÓN DA ROMERÍA 2010

Este pasado martes 20 de xullo, celebrouse na paraxe de Sargadelos a presentación da tradicional Romaxe de Sargadelos, que se celebra esta fin de semana no conxunto histórico-artístico de dita parroquia.
Os encargados de realizala presentación foron algúns dos membros da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, como Ramiro Chaves vicepresidente, Sandra Duarte como vocal e Xosé Fernández como Presidente da entidade.

Dende Fervenza, desexámosvos unhas felices festas. Un fin de semana intenso de festa, onde poidamos celebrar un ano máis unha das romerías máis emblemáticas da comarca e incluso da provincia. Na cal seguiremos no empeño de recuperar esa orixe anteriormente perdida.
Gracias a todos ós que colaboraron, ós que se implicaron e ós que fixeron posible a celebración desta festa. GRACIAS A TODOS.

Un saúdo

martes, 13 de julio de 2010

PROGRAMACIÓN DOS FESTEXOS DA ROMERÍA 2010

Arrancamos!!!
Este é o programa da festa:

VENRES, 23 DE XULLO

-II Festival "SARGADELOS FUSIÓN", a partir das 22.30 h.

Actuarán os grupos:

SACHA NA HORTA (aghro-punk mestizo, Santiago de Compostela).
ATAQUE ESCAMPE (rock de serie B, Santiago de Compostela).
MALLORY (rock, Ribadeo).
RECAMBIOS TUCHO (versións de clásicos do rock, O Barbanza).

SÁBADO, 24 DE XULLO

-12 h. Lanzamento de Bombas de Palenque.
-20 h. CHORIZADA E PANCETADA.
-23 h. CONCERTO DO HISTÓRICO GRUPO FOLK "A RODA".

Ao rematar o concerto, DEGUSTACIÓN DE QUEIMADA DE BALDE.

-0.30 h. VERBENA a cargo do GRUPO FUSIÓN.


DOMINGO, 25 DE XULLO

-12 h. Lanzamento de bombas de palenque.
-13 h. MISA SOLEMNE a cargo do CORO PARROQUIAL DE CERVO. Procesión co GRUPO DE GAITAS DE AIRIÑOS DO XUNCO.
-14 h. SESIÓN VERMÚ a cargo da ORQUESTRA SAMIL.
-22.30 h. VERBENA a cargo da ORQUESTRA SAMIL.
-1:00 Lanzamento de bombas de palenque anunciando o remate da festa

ORGANIZA: A. C. R. FERVENZA DE SARGADELOS.
COLABORAN: CONCELLO DE CERVO E EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO.

CARTEL DO FESTIVAL SF-2010 e da ROMERÍA DE SARGADELOS 2010


martes, 22 de junio de 2010

CAMISETAS "SARGADELÍZATE"......XA Á VENDA!!

Un ano máis, a A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS, organiza a Romería de Sargadelos os días 23,24 e 25 de xullo, en honra ó Santiago Apóstol. Polo tanto ofrécevos a oportunidade de mercar o novo uniforme desta edición, as novas camisetas baixo o lema de SARGADELÍZATE, unha forma de sentirse identificado con esta festa, que xa leva anos e anos celebrándose na fermosa paraxe hostórica de Sargadelos.

Ditas camisetas, diseñadas polo cervense Adrián González levarán unha liña vermella e branca, e están á venda no Bar Caseto de Copa de Cervo, ou tamén se poden conseguir a través dos membros da asociación. Por un módico prezo de 10 €, non te quedes sin ela, porque ti tamén estiveche e estarás alí.

Sargadelízate coa Romería, e sargadelízate ti mesmo/a.

lunes, 5 de abril de 2010

Xacobo Casal e Ramón González, parella gañadora do II TORNEO DE MUS de Cervo

Este pasado sábado, día 3 de abril, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos celebrou o seu II TORNEO DE MUS no Café- Bar Caseto de Copa, na localidade de Cervo.

Dito campionato comezaría arredor as 16:00 con dez parellas, formando dous grupos de cinco parellas, e pasando a semifinais as dúas mellores parellas de cada grupo. Despois das diferentes rondas, chegarían á final Nando-Josué (á esquerda da foto) de Burela, frente a Xacobo-Ramón de Espiñeirido (Cervo). Acadando estes últimos o 1º premio, que consistía no 50 % da recaudación máis dúas botellas de viño(Albariño e Rioxa). O segundos clasificados levarían o 20 % da recaudación e tamén dúas botellas de viño (Ribeiro e Rioxa).

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos quere agradecer a todas as parellas participantes, como así a toda a xente que colabourou no torneo. En especial ó Café-Bar Caseto de Copa de Cervo.

miércoles, 24 de marzo de 2010

II CAMPEONATO DE MUS

O próximo sábado 3 de abril, e aproveitando a ponte de Semana Santa, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos, organiza o II CAMPIONATO DE MUS. Será no Café-bar Caseto de Copa de Cervo a partires das 15:30 da tarde.

A inscrición será de 20 euros por parella, e os premios serán do 50% da recaudación para os gañadores e do 20% para os segundos clasificados.
Podedes apuntarvos ata o 2 de abril chamando ó 653.324.047, ou tamén no propio establecemento.
E recordade que fardar de que sodes a mellor parella de mus da volta, logo dunha señora cea co premio, non se paga con diñeiro. ANIMÁDEVOS!

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: Café-Bar Caseto de Copa

viernes, 5 de febrero de 2010

II FESTA DA FABADA

A A.C.R. FERVENZA de SARGADELOS de Cervo, organiza a 2ª edición da Festa da Fabada. Un manxar esquisito apropiado para estas datas. A partires das 13:30 comezarase a repartir na praza do Souto, as racións de fabas, acompañado de pan, viño, e a respectiva cazola. Despois de xantar realizarase un sorteo aínda por determinar.
A festa estará amenizada en todo momento polo grupo de gaitas de Airiños do Xunco. Ós cales agradecemos a súa colaboración.
En caso de choiva, intentermos transladar o evento para o Concello Vello, a 50 m. da Praza do Souto.
Finalmente, "Fervenza de Sargadelos", agradece de antemán a colaboración de toda a xente do pobo e arredores, como tamén agradece dita colaboración do EXCMO. Concello de Cervo.

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo

lunes, 11 de enero de 2010

ONDE COBRAR A LOTERÍA DO NENO

A partires de mañá martes 12 de xaneiro, xa se pode cobrar o reintegro das participacións da Loteria do Neno da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. Os lugares onde se poden cobrar ditas participacións é na Pousada O ALMACÉN e no CASETO DE COPA, en Cervo.