lunes, 30 de abril de 2012

AVANCE DO "IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN"

3...2....1.....Comeza a conta atrais para a Romería de Sargadelos 2012, e tamén para o IV FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN. Un evento que xa vai pola súa cuarta edición, e que ano trais ano, capta un maior número de siareiros de tódalas idades e tódolos puntos da provincia.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos será a encargada de organizalo festival, que ao mesmo tempo vai encadrado dentro da programación cultural da Romería de Sargadelos que se celebrará os días 24 e 25 de xullo do presente ano na paraxe histórica-cultural de Sargadelos. Destacar tamén, que por cuarto ano consecutivo, Mas Db´s Sonido Profesional encaragarase do equipo de luz e son, e así darlle un toque de maxia e calidade a dito festival, que estará composto por catro bandas de diferentes puntos da xeografía galega.

Podemos adiantar que os burelenses THE BROSAS, LOS ETERNOS de Cedeira, RECAMBIOS TUCHO de Ribeira e os MEDOMEDÁ de Teo están oficialmente confirmados. Nos próximos días confirmaremos o concerto folk. Queridos romeir@s quedan 90 días e baixando. Seguiremos informando.

lunes, 2 de abril de 2012

IV CAMPEONATO DE MUS

Por cuarto ano consecutivo, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos, organiza o IV CAMPEONATO DE MUS "FERVENZA DE SARGADELOS"......Será este sábado día 7, a partires das 16:00 na Pousada O Almacén (Cervo).

A inscrición custa 20 euros por parella e os premios serán do 50% da inscrición para os gañadores, e o 20% para os subcampións, máis agasallos para os finalistas . O Campionato, en función das parellas apuntadas, comezará cunha fase previa de grupos, pasando posteriormente a unha fase final.

Para apuntarse, simplemente chamar ao 653.324.047. Animarse!

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos

COLABORA: Pousada O Almacén