jueves, 1 de diciembre de 2011

IV NOITEBOA INFANTIL

O sábado 24 de decembro, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos, celebra a súa 4ª NOITEBOA INFANTIL. Será, coma sempre, no Pavillón de Cervo a partires das 17:00. Con entrada gratuíta para todos.

Un día, para que os máis pequenos da casa disfruten da tarde do 24 coa A.C.R. Fervenza de Sargadelos, e coas numerosas actividades que so poñen a continuación:

17:00 Recepción de todos os nenos e nenas.
17:15 Xogos Populares e Tradicionais por edades.
18:30 Chocolatada gratuíta.
19:00 Contacontos infantil a cargo de "O CAXOTO KATIVO"
19:45 Visita de PAPÁ NOEL.

E partires das 20:15 sorteo de 5 Kg de MARISCO na Pousada O Almacén. (venderanse rifas durante toda a tarde e tamén no propio establecemento).

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: EXCMO Concello de Cervo.

martes, 1 de noviembre de 2011

III CEA - XUNTANZA DA XUNTA DIRECTIVA E COLABORADORES.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, celebra este sábado día 5, na Pousada O Almacén, a súa tradicional cea-xuntanza con toda aquela xente que colaborou ao longo do ano, nas diferentes actividades e eventos culturais que dita asociación foi organizando.

A xunta directiva pretende así, xuntar aos máximos colaboradores posibles , que nos botaron unha man de forma desinteresada nas diferentes actividades, das que destacamos a III noiteboa Infantil, III Festa da fabada e Romería de Sargadelos. Sen eles moitas das actividades non serían posibles. Por iso dende este recuncho, queremos agradecer toda esa colaboración aportada, e que tanto necesitamos. Unha axuda que nos motiva a seguir traballando, e a seguir organizando cultura tanto no pobo de Cervo, como no propio Concello.

Preséntase un novo ano 2012 para seguir propoñendo cousas novas e intentar mellorar o do pasado curso. Estamos seguros que así será. Gracias a todos e todas por botarnos unha man. O sábado 5, será unha gran festa.

jueves, 15 de septiembre de 2011

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos na Xuntanza de asociacíons e clubes deportivos, convocada pola Deputación de Lugo.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, estivo presente na xuntanza que a Deputación de Lugo por parte de área de Deportes e Cultura, convouco o pasado mércores 14 de setembro no Museo de Mar de San Cibrao.

El vicepresidente de la Diputación, Antonio Veiga, y el delegado provincial de Cultura, Mario Outeiro, mantuvieron ayer en el Museo do Mar de San Ciprián un encuentro con clubes deportivos y asociaciones culturales de A Mariña. Veiga comprometió el mismo apoyo de la Diputación a clubes y asociaciones de A Mariña -similar al del pasado año- pese a los recortes presupuestarios.

Los representantes de las asociaciones trasladaron al vicepresidente de la Diputación sus propuestas y preocupaciones.

El pasado año se destinaron desde Cultura y Deportes 465.000 euros a actividades culturales y 750.000 euros a actividades deportivas. La Diputación dará prioridad a los asuntos que las propias asociaciones crean prioritarios. «Ao longo deste mes manteranse máis de 40 xuntanzas con todo o tecido asociativo da provincia», señaló Antonio Veiga.

«A nosa vontade é elaborar uns orzamentos que respondan ao que e dan en chamar como orzamentos participativos, polo que o proceso de elaboración dos mesmos tanto en Cultura como en Deportes vanse facer en contacto permanente cos colectivos sociais, culturais e deportivos, tamén cos concellos, cos que buscaremos o diálogo e aos que queremos apoiar. Nestas materias ningunha administración apoia tanto ás asociacións e clubs da Mariña como a Deputación de Lugo».

La reunión se inició anoche pasadas las 20.30 horas en las instalaciones del Museo do Mar de San Ciprián.

martes, 23 de agosto de 2011

FERVENZA NO XV MERCADO TRADICIONAL DE CERVO

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, un ano máis estivo presente no XV Mercado Tradicional de Cervo, que unha vez máis, organizou con éxito a A.C. Airiños do Xunco. Diferentes membros da xunta directiva e colaboradores de Fervenza, por terceiro ano consecutivo, puxeron un posto de panceta con chourizos e pan, a un módico prezo de 3.5o €. A medida que pasaba o xornada, numerosos asistente ao mercado acercábanse ao posto para degustar dito manxar, propio da gastronomía galega. E tal éxito confirmouse ao rematar todo o material previsto. Aproximadamente venderíanse un total de 190 racións.

Fervenza de Sargadelos en primeiro lugar, quere felicitar a A.C. Airiños do Xunco pola boa organización e polo seu éxito acadado neste décimo quinto Mercado Tradicional, e que siga durante moitos anos. Tamén quere agradecer a colaboración prestada e desinteresada á aquelas persoas que estiveron no posto de venta. Así como a toda esa xente que tomou a iniciativa de probar o rico manxar.

jueves, 21 de julio de 2011

PRESENTACIÓN DA ROMERÍA DE SARGADELOS 2011

Momento da presentación da Romería de Sargadelos, na Casa do Concello!!!

De esquerda a dereita, Xose Fernandez Segurado, Presidente da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, Tania González Concellala de Cultura, Ramiro Chaves, Vicepresidente da A.C.R Fervenza de Sargadelos, Alfonso Villares, Alcade de Cervo, Pilar Álvarez Concellala de Xuventude, Sandra Duarte e Isabel Blas, Vocais da A.C.R Fervenza de Sargadelos.

Dende a A.C.R Fervenza Sargadelos agradecemos profundamente a todas aquelas institucións que colaboraron coa Romería de Sargadelos 2011, EXCMO Concello de Cervo, EXCMA Diputación de Lugo- Cultura e INLUDES; así como a todas as empresa colaboradores e particulares. Moitas gracias a todos!!

lunes, 20 de junio de 2011

BERROGÜETTO EN CONCERTO o 24 de XULLO na Romería de Sargadelos

O histórico grupo BERROGÜETTO será o prato forte da Romería de Sargadelos en 2011. Un dos mellores grupos da escea folk celta, xa non só galega, senón mundial, estará con nós o 24 de xullo para deleitarnos coa súa música.

A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara ó futuro, e experimentar novas sonoridades. O nome do grupo resume o seu ideario, evocando o "o berro dos oprimidos". Trasladando este concepto á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo encorsetado nun espazo onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades.

Ao longo da súa traxectoria a formación foise modificando. O equipo fundador estaba composto por: Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Paco Juncal (violín), Quico Comesaña (arpa, mandolina, bouzouki), Guillerme Fernández (guitarras), Anxo Pintos (gaita, zanfona, saxo soprano), e Isaac Palacín (percusión). No segundo álbum Viaxe por Urticaria (1999) incorpóranse Guadi Galego á voz e gaita, e Quim Farinha, que toma o relevo de Juncal no violín. Con esta banda gravarían dous discos máis: Hepta (2001) e 10.0 (2006). No ano 2008 Guadi Galego deixa o grupo e intégrase o cantante, gaiteiro e percusionista Xabier Díaz, con quen editan Kosmogonías (2010). Este seu último traballo é “unha reflexión entre a humanidade e o universo” e “un homenaxe ós heroes anónimos que fan que a vida dos demáis sexa mellor”, segundo Anxo Pintos.

+ info: http://www.berroguetto.com/

sábado, 7 de mayo de 2011

PROGRAMA DA ROMERÍA 2011

SÁBADO 23
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2011.
21:00 Probas de son
23:00 III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, cos grupos:
Remakers (Ribadeo)
Medomedá (Santiago D.C.)
Clan Maragato (San Cibrao)
Falperrys (Vigo).

DOMINGO 24
13:30 lanzamento de bombas de palenque.
14:00 Sesión Vermouth co grupo VIVARIUM
15:00 Xantar de Romería
20:00 Pancetada e chorizada, amenizada por A REQUINTA DA LAXEIRA
22:45 Concerto de BERROGUETTO
0:00 Queimada Gratuita
0:30 Verbena a cargo do grupo VIVARIUM

LUNS 25 (Día de Santiago Apóstol)
12:00 Lanzamento de bombas de palenque.
13:00 Misa solenme cantada polo coro parroquial de Cervo
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas A.C. Airiños do Xunco.
14:00 Sesión Vermouth a cargo do Grupo COSTA DO MAR
15:00 Xantar de Romería
22:00 Verbena a cargo do Grupo COSTA DO MAR
1:00 Lanzamento de bombas de Palenque anunciando o remate da Romería 2011.


ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos

COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo
EXCMA. Deputación de Lugo
INLUDES

lunes, 25 de abril de 2011

GAÑADORES do III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organizou o seu III Torneo de Mus este sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Comezando ás 16:00 e concluíndo ás 22.00 da noite. Dividindo a competición en dous grupos de cinco parellas cada grupo, e pasando a semifinais os dous mellores de cada grupo.

Todo transcurreu con total normalidade, onde a competición foi do máis igualada. Pasando a Semifinais, por unha banda os burelenses Raúl-Otero contra a parella local Ramón-Xacobo. Disputando a outra semifinal as parallas da localidade de Burela Nando-Josué contra Suso e Joel, éstes ultimos pasarían á final xunto con Raúl-Otero. O 1º premio, que consistía no 50% da recaudación +agasallo, disputaríano finalmente Raúl-Otero (na foto) vs. Suso Joel. Gañando os primeiros, por un contundente 3-0. Os segundos clasificados laverían o 20% da recaudación +agasallo.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos agradece a participación, a competitividade e deportividade de todas as parellas, así como a estimada colaboración da Pousada O Almacén. Gracias!!!!!!



domingo, 17 de abril de 2011

III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos" organiza o III Torneo de Mus o sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Xa sabedes que iso de fardar de ser a mellor parella de mus da volta non se paga con diñeiro!

COSTE DA INSCRICIÓN: 20 euros.

PRAZO: ata o sábado ás 12 horas, chamando por teléfono ó 653.324.047 (ou mandando un mail a fervenzadesargadelos@gmail
.com).
PREMIOS: 50% recaudación para os PRIMEIROS CLASIFICADOS e 20% da recaudación para os SEGUNDOS CLASIFICADOS.

ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: POUSADA "O ALMACÉN"

domingo, 23 de enero de 2011

III edición da FESTA DA FABADA

O sábado 19 de febreiro celebraremos a III FESTA DA FABADA na praza do Souto de Cervo.

A repartición de racións (fabada+pan+viño+tarrina) comezará a partires das 19:30 en dita praza. Posteriormente, a partires das 22:30, terá lugar a verbena no interior da carpa a cargo do Grupo Costa do Mar. No descanso da actuación membros da asociación realizarán o sorteo dun lote de productos mariños. Alí vos agardamos, traede fame e gañas de festa.

ORGANIZA: A.C.R FERVENZA DE SARGADELOS

COLABORAN:
EXCMO CONCELLO DE CERVO
INLUDES
EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO