martes, 23 de agosto de 2011

FERVENZA NO XV MERCADO TRADICIONAL DE CERVO

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, un ano máis estivo presente no XV Mercado Tradicional de Cervo, que unha vez máis, organizou con éxito a A.C. Airiños do Xunco. Diferentes membros da xunta directiva e colaboradores de Fervenza, por terceiro ano consecutivo, puxeron un posto de panceta con chourizos e pan, a un módico prezo de 3.5o €. A medida que pasaba o xornada, numerosos asistente ao mercado acercábanse ao posto para degustar dito manxar, propio da gastronomía galega. E tal éxito confirmouse ao rematar todo o material previsto. Aproximadamente venderíanse un total de 190 racións.

Fervenza de Sargadelos en primeiro lugar, quere felicitar a A.C. Airiños do Xunco pola boa organización e polo seu éxito acadado neste décimo quinto Mercado Tradicional, e que siga durante moitos anos. Tamén quere agradecer a colaboración prestada e desinteresada á aquelas persoas que estiveron no posto de venta. Así como a toda esa xente que tomou a iniciativa de probar o rico manxar.