martes, 1 de noviembre de 2011

III CEA - XUNTANZA DA XUNTA DIRECTIVA E COLABORADORES.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, celebra este sábado día 5, na Pousada O Almacén, a súa tradicional cea-xuntanza con toda aquela xente que colaborou ao longo do ano, nas diferentes actividades e eventos culturais que dita asociación foi organizando.

A xunta directiva pretende así, xuntar aos máximos colaboradores posibles , que nos botaron unha man de forma desinteresada nas diferentes actividades, das que destacamos a III noiteboa Infantil, III Festa da fabada e Romería de Sargadelos. Sen eles moitas das actividades non serían posibles. Por iso dende este recuncho, queremos agradecer toda esa colaboración aportada, e que tanto necesitamos. Unha axuda que nos motiva a seguir traballando, e a seguir organizando cultura tanto no pobo de Cervo, como no propio Concello.

Preséntase un novo ano 2012 para seguir propoñendo cousas novas e intentar mellorar o do pasado curso. Estamos seguros que así será. Gracias a todos e todas por botarnos unha man. O sábado 5, será unha gran festa.