jueves, 26 de noviembre de 2009

SORTEO DUNHA CESTA DE NADAL

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, convídate a participar no sorteo dunha gran cesta de Nadal, despositando unha o máis firmas no taboleiro correspondente. A firma será de 2€. E a cesta estará exposta a partires deste sábado día 28 no Restaurante-Pousada "O Almacén" ata o luns, 21 de Decembro de 2009 ás 0:00
O sorteo será o 22 de decembro, e o número gañador será o que coincida coas últimas dúas cifras do "Gordo".
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: Restaurante- Pousada "O Almacén"

lunes, 16 de noviembre de 2009

II NOITEBOA INFANTIL

O xoves 24 de decembro a partires das 16:00, a Asociación Fervenza de Sargadelos organiza a II Noiteboa Infantil. Animamos a peques (e non tan peques) a achegarse e disfrutar da programación, que é a seguinte:
-BENVIDA
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (carreira de sacos, púcaros con globos, carreira de ovos con bicicleta e andando, xogo das mazás e xogo do limón mollado)
-CHOCOLATADA GRATUITA.
-CONTACONTOS INFANTIL a cargo de Felipe "O Caxoto Cativo".
-SORTEO DE 5-6 KG DE CENTOLOS.
Haberá música de nadal durante toda a tarde. Animádevos e traede ós máis pequenos da casa. Haberá moitas sorpresas!!!!.
Será na Praza do Souto, polo contrario se chove, será no Pavillón de Cervo.
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: EXCMO Concello de Cervo
PATROCINA: Mesón-Restaurante "OS ARCOS", Covas (Viveiro).

miércoles, 16 de septiembre de 2009

NORABOA ÓS GAÑADORES!!!!

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos dá a noraboa a Antonio Rodríguez Lozano e a Fuensanta Alonso López veciños da parroquia de Viladesuso (Cervo), por seren os gañadores do sorteo da O.N.C.E celebrado o 27 de xullo do presente ano e que outorga unha fin de semana na Casa Rural "Balcón de Oscos", en Santa Eulalia de Oscos.
O sorteo consistía en que as tres últimas cifras do número premiado era o que outorgaría o premio, neste caso foi o 725. E baixo a supervisión da xunta directiva o número da papeleta foi totalmente correcto. Dende a xunta directiva parabéns ós gañadores.
Disfruten!!!

martes, 8 de septiembre de 2009

II PORRA DE FÚTBOL PRO-ROMERÍA 2010

Comezamos unha nova tempada, e a A.C.R. Fervenza de Sargadelos ofrecevos a oportunidade de participar na "II Porra de fútbol pro-romería de Sargadelos 2010". Poñeranse os tres partidos máis destacados do futbol da Mariña. A aposta será de 0.50€. O acertante dos tres resultados leverá o 90% do bote acumulado. De haber máis dun acertante dos tres resultados, repartirase o premio entre éstes. Se non resultase mingún acertante, ese 90% pasará a formar parte do bote sa xornada seguinte. Finalmente o bote acumulado formará parte do premio xornada a xornada. Poderás facer a túa aposta tanto no Caseto de Copa como na Pousada O Almacén.
SORTE!!!!

jueves, 30 de julio de 2009

SORTEO DA O.N.C.E para a Fin de semana no Oscos

A A.C.R. "FERVENZA DE SARGADELOS", informa que as tres últimas cifras do sorteo da O.N.C.E do 27 de xullo de 2009 foron 725 (do número 05.725, 1º premio do sorte da O.NC.E).
O portador da rifa gañadora poderá recibir o sei obsequio mostrándoa e entregándoa a calquera membro da xunta directiva, ou no Caseto de Copa de Cervo nos 30 días seguintes oa citado sorteo (ata o 28 de agosto do presente ano). Debará ademáis, ofrecer os seus datos persoais ou, se o desexa, os da persoa/as ás que desexe benificar o premio
Moitas gracias.

lunes, 27 de julio de 2009

GRACIAS A TODOS!!

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, quere agradecer profundamente todo o apoio e colaboración recibida, tanto por parte das institucións, Concello de Cervo, Concello de Xove e Deputación Provincial de Lugo. Tamén a espectáculos Pico e empresas colaboradoras. E non pode faltar dar as gracias e toda a xente que aportou o seu gran de area, e á que estivo implicada desinteresadamente coa Romería de Sargadelos 2009. Gracias a todos e todas. Esperemos que esto sexa o punto de partida. A orixe xa está de volta. Daquí en diante trateremos de facer máis e mellor.
Un saúdo

viernes, 15 de mayo de 2009

CAMISETAS XA Á VENTA

Xa están á ventas as camisetas da Romería Sargadelos 2009 "VOLTA Á ORIXE". Todo aquel ou aquela que queira mercar un exemplar, xa está á venta no Caseto de Copa de Cervo. Ou tamén preguntando a calquera membro/a ou colaborador/a da A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
O prezo da comiseta é de 10 €. Tanto a camiseta de muller como de home. E por suposto contamos con diferentes tallas ó gusto do consumidor.
Moitas gracias e non te quedes sen camiseta.!!!!

jueves, 30 de abril de 2009

I MARATÓN DE TUTE "Fervenza de Sargadelos"

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza, logo do campionato de mus, o seu primeiro Maratón de Tute. Será o 9 e 10 de maio (ou un só día, en función da cantidade de participantes). A competición será por liguilla accedendo os mellores ás eliminatorias. O prezo da inscripción será de 20 euros por parella, e podedes apuntarvos tanto no 653.324.047 coma no Caseto de Copa, con data límite do xoves 7 de maio. Os primeiros clasificados obterán o 40% da recaudación, os subcampións o 20% e os terceiros o 10%. No caso de non poder asistir a tódalas partidas, non vos preocupedes; cada parella pode escoller un participante máis como sustituto ocasional.
Será no Caseto de Copa e na Pousada O Almacén, na localidade de Cervo. O maratón comezará o sábado 9 ás 11 da mañá ata as 14:00, e de 16:00 ata rematar.