A partires de mañá martes 12 de xaneiro, xa se pode cobrar o reintegro das participacións da Loteria do Neno da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. Os lugares onde se poden cobrar ditas participacións é na Pousada O ALMACÉN e no CASETO DE COPA, en Cervo.
lunes, 11 de enero de 2010
miércoles, 23 de diciembre de 2009
XA TEMOS GAÑADOR DA CESTA DE NADAL
Despois da calebración deste martes 22 de decembro, do Sorteo da Lotería Nacional, xa temos o afortunado gañador da cesta de Nadal "Fervenza de Sargadelos". O gañador depositou a súa firma no número 94 co nome de "Charly", veciño de Santiago de Compostela; coincidindo as dúas últimas cifras do "Gordo".
A A.C.R Fervenza de Sargadelos quere felicitar a dito gañador, e por suposto agradecer a toda a xente que colaborou con nós depositando a súa firma.
Moitas gracias e bo Nadal.
lunes, 21 de diciembre de 2009
LOTERÍA DO NENO Á VENTA
Xa está á venta a Lotería do Neno da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. O número que se xoga é o 25.268. As participacións pódense adquirir no Café-Bar "Caseto de Copa de Cervo, na Gasolinera de Cervo ou a calquera membro ou colaborador da Asociación. Moitas gracias e moita sorte.O sorteo celebrarase o vindeiro 6 de xaneiro do 2010.
miércoles, 16 de diciembre de 2009
BOTES COLABORATIVOS "Romería de Sargadelos 2010"
A partir desta fin de semana, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos volverá a poñer nos diferentes establecementos do pobo de Cervo e arredores, as huchas ou botes colaborativos para recaudar fondos para a vindeira Romería de Sargadelos 2010. Despois da gran aceptación que tivemos no pasado curso, esperamos que toda a xente sexa igual de colaboradora que o ano pasado.
A Asociación Fervenza de Sargadelos agradece a todos os negocios a súa colaboración por deixarnos depositar dita hucha no seu respectivo establecemento. E tamén agradece de antemán a toda a xente, esa axuda económica que nos sirve para organizar as festas de Sargadelos do vindeiro ano.
Gracias.
jueves, 26 de noviembre de 2009
SORTEO DUNHA CESTA DE NADAL
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, convídate a participar no sorteo dunha gran cesta de Nadal, despositando unha o máis firmas no taboleiro correspondente. A firma será de 2€. E a cesta estará exposta a partires deste sábado día 28 no Restaurante-Pousada "O Almacén" ata o luns, 21 de Decembro de 2009 ás 0:00O sorteo será o 22 de decembro, e o número gañador será o que coincida coas últimas dúas cifras do "Gordo".
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: Restaurante- Pousada "O Almacén"
CONTACTO: fervenzadesargadelos@gmail.com
lunes, 16 de noviembre de 2009
II NOITEBOA INFANTIL
-BENVIDA
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (carreira de sacos, púcaros con globos, carreira de ovos con bicicleta e andando, xogo das mazás e xogo do limón mollado)
-CHOCOLATADA GRATUITA.
-CONTACONTOS INFANTIL a cargo de Felipe "O Caxoto Cativo".
-SORTEO DE 5-6 KG DE CENTOLOS.
Haberá música de nadal durante toda a tarde. Animádevos e traede ós máis pequenos da casa. Haberá moitas sorpresas!!!!.
Será na Praza do Souto, polo contrario se chove, será no Pavillón de Cervo.
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: EXCMO Concello de Cervo
PATROCINA: Mesón-Restaurante "OS ARCOS", Covas (Viveiro).
miércoles, 16 de septiembre de 2009
NORABOA ÓS GAÑADORES!!!!
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos dá a noraboa a Antonio Rodríguez Lozano e a Fuensanta Alonso López veciños da parroquia de Viladesuso (Cervo), por seren os gañadores do sorteo da O.N.C.E celebrado o 27 de xullo do presente ano e que outorga unha fin de semana na Casa Rural "Balcón de Oscos", en Santa Eulalia de Oscos.O sorteo consistía en que as tres últimas cifras do número premiado era o que outorgaría o premio, neste caso foi o 725. E baixo a supervisión da xunta directiva o número da papeleta foi totalmente correcto. Dende a xunta directiva parabéns ós gañadores.
Disfruten!!!
martes, 8 de septiembre de 2009
II PORRA DE FÚTBOL PRO-ROMERÍA 2010
Comezamos unha nova tempada, e a A.C.R. Fervenza de Sargadelos ofrecevos a oportunidade de participar na "II Porra de fútbol pro-romería de Sargadelos 2010". Poñeranse os tres partidos máis destacados do futbol da Mariña. A aposta será de 0.50€. O acertante dos tres resultados leverá o 90% do bote acumulado. De haber máis dun acertante dos tres resultados, repartirase o premio entre éstes. Se non resultase mingún acertante, ese 90% pasará a formar parte do bote sa xornada seguinte. Finalmente o bote acumulado formará parte do premio xornada a xornada. Poderás facer a túa aposta tanto no Caseto de Copa como na Pousada O Almacén.SORTE!!!!
jueves, 30 de julio de 2009
SORTEO DA O.N.C.E para a Fin de semana no Oscos
A A.C.R. "FERVENZA DE SARGADELOS", informa que as tres últimas cifras do sorteo da O.N.C.E do 27 de xullo de 2009 foron 725 (do número 05.725, 1º premio do sorte da O.NC.E).
O portador da rifa gañadora poderá recibir o sei obsequio mostrándoa e entregándoa a calquera membro da xunta directiva, ou no Caseto de Copa de Cervo nos 30 días seguintes oa citado sorteo (ata o 28 de agosto do presente ano). Debará ademáis, ofrecer os seus datos persoais ou, se o desexa, os da persoa/as ás que desexe benificar o premio
Moitas gracias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
