martes, 22 de junio de 2010

CAMISETAS "SARGADELÍZATE"......XA Á VENDA!!

Un ano máis, a A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS, organiza a Romería de Sargadelos os días 23,24 e 25 de xullo, en honra ó Santiago Apóstol. Polo tanto ofrécevos a oportunidade de mercar o novo uniforme desta edición, as novas camisetas baixo o lema de SARGADELÍZATE, unha forma de sentirse identificado con esta festa, que xa leva anos e anos celebrándose na fermosa paraxe hostórica de Sargadelos.

Ditas camisetas, diseñadas polo cervense Adrián González levarán unha liña vermella e branca, e están á venda no Bar Caseto de Copa de Cervo, ou tamén se poden conseguir a través dos membros da asociación. Por un módico prezo de 10 €, non te quedes sin ela, porque ti tamén estiveche e estarás alí.

Sargadelízate coa Romería, e sargadelízate ti mesmo/a.

lunes, 5 de abril de 2010

Xacobo Casal e Ramón González, parella gañadora do II TORNEO DE MUS de Cervo

Este pasado sábado, día 3 de abril, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos celebrou o seu II TORNEO DE MUS no Café- Bar Caseto de Copa, na localidade de Cervo.

Dito campionato comezaría arredor as 16:00 con dez parellas, formando dous grupos de cinco parellas, e pasando a semifinais as dúas mellores parellas de cada grupo. Despois das diferentes rondas, chegarían á final Nando-Josué (á esquerda da foto) de Burela, frente a Xacobo-Ramón de Espiñeirido (Cervo). Acadando estes últimos o 1º premio, que consistía no 50 % da recaudación máis dúas botellas de viño(Albariño e Rioxa). O segundos clasificados levarían o 20 % da recaudación e tamén dúas botellas de viño (Ribeiro e Rioxa).

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos quere agradecer a todas as parellas participantes, como así a toda a xente que colabourou no torneo. En especial ó Café-Bar Caseto de Copa de Cervo.

miércoles, 24 de marzo de 2010

II CAMPEONATO DE MUS

O próximo sábado 3 de abril, e aproveitando a ponte de Semana Santa, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos, organiza o II CAMPIONATO DE MUS. Será no Café-bar Caseto de Copa de Cervo a partires das 15:30 da tarde.

A inscrición será de 20 euros por parella, e os premios serán do 50% da recaudación para os gañadores e do 20% para os segundos clasificados.
Podedes apuntarvos ata o 2 de abril chamando ó 653.324.047, ou tamén no propio establecemento.
E recordade que fardar de que sodes a mellor parella de mus da volta, logo dunha señora cea co premio, non se paga con diñeiro. ANIMÁDEVOS!

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
COLABORA: Café-Bar Caseto de Copa

viernes, 5 de febrero de 2010

II FESTA DA FABADA

A A.C.R. FERVENZA de SARGADELOS de Cervo, organiza a 2ª edición da Festa da Fabada. Un manxar esquisito apropiado para estas datas. A partires das 13:30 comezarase a repartir na praza do Souto, as racións de fabas, acompañado de pan, viño, e a respectiva cazola. Despois de xantar realizarase un sorteo aínda por determinar.
A festa estará amenizada en todo momento polo grupo de gaitas de Airiños do Xunco. Ós cales agradecemos a súa colaboración.
En caso de choiva, intentermos transladar o evento para o Concello Vello, a 50 m. da Praza do Souto.
Finalmente, "Fervenza de Sargadelos", agradece de antemán a colaboración de toda a xente do pobo e arredores, como tamén agradece dita colaboración do EXCMO. Concello de Cervo.

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo

lunes, 11 de enero de 2010

ONDE COBRAR A LOTERÍA DO NENO

A partires de mañá martes 12 de xaneiro, xa se pode cobrar o reintegro das participacións da Loteria do Neno da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. Os lugares onde se poden cobrar ditas participacións é na Pousada O ALMACÉN e no CASETO DE COPA, en Cervo.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

XA TEMOS GAÑADOR DA CESTA DE NADAL

Despois da calebración deste martes 22 de decembro, do Sorteo da Lotería Nacional, xa temos o afortunado gañador da cesta de Nadal "Fervenza de Sargadelos". O gañador depositou a súa firma no número 94 co nome de "Charly", veciño de Santiago de Compostela; coincidindo as dúas últimas cifras do "Gordo".
A A.C.R Fervenza de Sargadelos quere felicitar a dito gañador, e por suposto agradecer a toda a xente que colaborou con nós depositando a súa firma.
Moitas gracias e bo Nadal.

lunes, 21 de diciembre de 2009

LOTERÍA DO NENO Á VENTA

Xa está á venta a Lotería do Neno da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. O número que se xoga é o 25.268. As participacións pódense adquirir no Café-Bar "Caseto de Copa de Cervo, na Gasolinera de Cervo ou a calquera membro ou colaborador da Asociación. Moitas gracias e moita sorte.
O sorteo celebrarase o vindeiro 6 de xaneiro do 2010.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

CARTEL DA II NOITEBOA INFANTIL


BOTES COLABORATIVOS "Romería de Sargadelos 2010"

A partir desta fin de semana, a A.C.R. Fervenza de Sargadelos volverá a poñer nos diferentes establecementos do pobo de Cervo e arredores, as huchas ou botes colaborativos para recaudar fondos para a vindeira Romería de Sargadelos 2010. Despois da gran aceptación que tivemos no pasado curso, esperamos que toda a xente sexa igual de colaboradora que o ano pasado.
A Asociación Fervenza de Sargadelos agradece a todos os negocios a súa colaboración por deixarnos depositar dita hucha no seu respectivo establecemento. E tamén agradece de antemán a toda a xente, esa axuda económica que nos sirve para organizar as festas de Sargadelos do vindeiro ano.
Gracias.

jueves, 26 de noviembre de 2009

SORTEO DUNHA CESTA DE NADAL

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos, convídate a participar no sorteo dunha gran cesta de Nadal, despositando unha o máis firmas no taboleiro correspondente. A firma será de 2€. E a cesta estará exposta a partires deste sábado día 28 no Restaurante-Pousada "O Almacén" ata o luns, 21 de Decembro de 2009 ás 0:00
O sorteo será o 22 de decembro, e o número gañador será o que coincida coas últimas dúas cifras do "Gordo".
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: Restaurante- Pousada "O Almacén"