lunes, 20 de junio de 2011

BERROGÜETTO EN CONCERTO o 24 de XULLO na Romería de Sargadelos

O histórico grupo BERROGÜETTO será o prato forte da Romería de Sargadelos en 2011. Un dos mellores grupos da escea folk celta, xa non só galega, senón mundial, estará con nós o 24 de xullo para deleitarnos coa súa música.

A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara ó futuro, e experimentar novas sonoridades. O nome do grupo resume o seu ideario, evocando o "o berro dos oprimidos". Trasladando este concepto á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo encorsetado nun espazo onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades.

Ao longo da súa traxectoria a formación foise modificando. O equipo fundador estaba composto por: Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Paco Juncal (violín), Quico Comesaña (arpa, mandolina, bouzouki), Guillerme Fernández (guitarras), Anxo Pintos (gaita, zanfona, saxo soprano), e Isaac Palacín (percusión). No segundo álbum Viaxe por Urticaria (1999) incorpóranse Guadi Galego á voz e gaita, e Quim Farinha, que toma o relevo de Juncal no violín. Con esta banda gravarían dous discos máis: Hepta (2001) e 10.0 (2006). No ano 2008 Guadi Galego deixa o grupo e intégrase o cantante, gaiteiro e percusionista Xabier Díaz, con quen editan Kosmogonías (2010). Este seu último traballo é “unha reflexión entre a humanidade e o universo” e “un homenaxe ós heroes anónimos que fan que a vida dos demáis sexa mellor”, segundo Anxo Pintos.

+ info: http://www.berroguetto.com/

sábado, 7 de mayo de 2011

PROGRAMA DA ROMERÍA 2011

SÁBADO 23
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2011.
21:00 Probas de son
23:00 III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, cos grupos:
Remakers (Ribadeo)
Medomedá (Santiago D.C.)
Clan Maragato (San Cibrao)
Falperrys (Vigo).

DOMINGO 24
13:30 lanzamento de bombas de palenque.
14:00 Sesión Vermouth co grupo VIVARIUM
15:00 Xantar de Romería
20:00 Pancetada e chorizada, amenizada por A REQUINTA DA LAXEIRA
22:45 Concerto de BERROGUETTO
0:00 Queimada Gratuita
0:30 Verbena a cargo do grupo VIVARIUM

LUNS 25 (Día de Santiago Apóstol)
12:00 Lanzamento de bombas de palenque.
13:00 Misa solenme cantada polo coro parroquial de Cervo
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas A.C. Airiños do Xunco.
14:00 Sesión Vermouth a cargo do Grupo COSTA DO MAR
15:00 Xantar de Romería
22:00 Verbena a cargo do Grupo COSTA DO MAR
1:00 Lanzamento de bombas de Palenque anunciando o remate da Romería 2011.


ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos

COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo
EXCMA. Deputación de Lugo
INLUDES

lunes, 25 de abril de 2011

GAÑADORES do III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organizou o seu III Torneo de Mus este sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Comezando ás 16:00 e concluíndo ás 22.00 da noite. Dividindo a competición en dous grupos de cinco parellas cada grupo, e pasando a semifinais os dous mellores de cada grupo.

Todo transcurreu con total normalidade, onde a competición foi do máis igualada. Pasando a Semifinais, por unha banda os burelenses Raúl-Otero contra a parella local Ramón-Xacobo. Disputando a outra semifinal as parallas da localidade de Burela Nando-Josué contra Suso e Joel, éstes ultimos pasarían á final xunto con Raúl-Otero. O 1º premio, que consistía no 50% da recaudación +agasallo, disputaríano finalmente Raúl-Otero (na foto) vs. Suso Joel. Gañando os primeiros, por un contundente 3-0. Os segundos clasificados laverían o 20% da recaudación +agasallo.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos agradece a participación, a competitividade e deportividade de todas as parellas, así como a estimada colaboración da Pousada O Almacén. Gracias!!!!!!



domingo, 17 de abril de 2011

III TORNEO DE MUS

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos" organiza o III Torneo de Mus o sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Xa sabedes que iso de fardar de ser a mellor parella de mus da volta non se paga con diñeiro!

COSTE DA INSCRICIÓN: 20 euros.

PRAZO: ata o sábado ás 12 horas, chamando por teléfono ó 653.324.047 (ou mandando un mail a fervenzadesargadelos@gmail
.com).
PREMIOS: 50% recaudación para os PRIMEIROS CLASIFICADOS e 20% da recaudación para os SEGUNDOS CLASIFICADOS.

ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: POUSADA "O ALMACÉN"

domingo, 23 de enero de 2011

III edición da FESTA DA FABADA

O sábado 19 de febreiro celebraremos a III FESTA DA FABADA na praza do Souto de Cervo.

A repartición de racións (fabada+pan+viño+tarrina) comezará a partires das 19:30 en dita praza. Posteriormente, a partires das 22:30, terá lugar a verbena no interior da carpa a cargo do Grupo Costa do Mar. No descanso da actuación membros da asociación realizarán o sorteo dun lote de productos mariños. Alí vos agardamos, traede fame e gañas de festa.

ORGANIZA: A.C.R FERVENZA DE SARGADELOS

COLABORAN:
EXCMO CONCELLO DE CERVO
INLUDES
EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO

martes, 28 de diciembre de 2010

CESTA DO DÍA DO NENO

Chega o día 6 de xaneiro, e chega o día do NENO. A A.C.R Fervenza de Sargadelos ofrécevos a oportunidade de gañar unha gran cesta do NENO. E para iso simplemente tendes que acercarvos á "Pousada O Almacén" de Cervo e botar unha firmiña por un módico prezo de 2€.......ou máis.

O número gañador será aquel que coincida coas dúas últimas cifras do gordo da Lotería do Neno, que se celebra o día 6 de xaneiro.

"Fervenza de Sargadelos" non para, e seguímosvos ofrecendo a opotunidade de gañar premios, para os cales agradecemos a vosa colaboración

MOITA SORTE

jueves, 2 de diciembre de 2010

III NOITEBOA INFANTIL

VENRES 24 de DECEMBRO celebramos a III NOITEBOA INFANTIL para os máis pequenos da casa, coas seguintes actividades:

-BENVIDA A TOD@ OS NEN@S
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
-CHOCOLATADA GRATUITA
-VISITA DE PAPÁ NOEL
-CONTACONTOS INFANTIL

Durante a tarde venderanse rifas, para o posterior SORTEO DE 5 KG DE CENTOLOS que se celebrará nos bares de Cervo, a partires das 20:30 h.

ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo

viernes, 22 de octubre de 2010

Á VENTA A LOTERÍA DE NADAL

Comunicar que xa está a venta, a lotería de nadal da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. Poden mercala nos seguintes establecementos: Café-bar CASETO DE COPA, FARMACIA de Cervo, GASOLINERA de Cervo e Pousada O ALMACÉN. Ou tamén a calquera membro ou colaborador da asociación

O número é 0 47.126, o portador da papeleta xoga a cantidade de 4 €, para o Sorteo Extraordinario de Nadal, que se celebrará o día 22 de decembro de 2011. O prezo da papeleta é de 5 €, coa participación de 4 € e 1€ de donativo.

Os décimos están depositados no BBVA de Cervo

MOITA SORTE

lunes, 20 de septiembre de 2010

CEA DE MEMBROS E COLABORADORES

Despois dun ano de duro traballo, e de ver os obxetivos cumplidos, a A.C.R Fervenza de Sargadelos, celebra este sábado 25 de setembro na Pousada O Almacén, a cea anual para membros da xunta directiva e colaboradores. Unha boa forma de xuntarnos e disfrutar do momento.

Os membros da xunta directiva, agradece toda a colaboración recibida ó longo do ano, e non só na organización da Romería de Sargadelos 2010, senón tamén que agradece o traballo e comprimiso nas activdades que se fixeron con anterioridade (noiteboa infantil, campionato de mus, festa da fabada, etc). Gracias a todos vós

Por outra banda, Fervenza está de aniversario, xa que tamén este sábado, a entidade cumpre dous anos de vida, e esperamos que sigamos cumprindo moitos máis. Traballando no e para o pobo.

miércoles, 21 de julio de 2010

PRESENTACIÓN DA ROMERÍA 2010

Este pasado martes 20 de xullo, celebrouse na paraxe de Sargadelos a presentación da tradicional Romaxe de Sargadelos, que se celebra esta fin de semana no conxunto histórico-artístico de dita parroquia.
Os encargados de realizala presentación foron algúns dos membros da A.C.R. Fervenza de Sargadelos, como Ramiro Chaves vicepresidente, Sandra Duarte como vocal e Xosé Fernández como Presidente da entidade.

Dende Fervenza, desexámosvos unhas felices festas. Un fin de semana intenso de festa, onde poidamos celebrar un ano máis unha das romerías máis emblemáticas da comarca e incluso da provincia. Na cal seguiremos no empeño de recuperar esa orixe anteriormente perdida.
Gracias a todos ós que colaboraron, ós que se implicaron e ós que fixeron posible a celebración desta festa. GRACIAS A TODOS.

Un saúdo