jueves, 21 de julio de 2011
lunes, 20 de junio de 2011
BERROGÜETTO EN CONCERTO o 24 de XULLO na Romería de Sargadelos
O histórico grupo BERROGÜETTO será o prato forte da Romería de Sargadelos en 2011. Un dos mellores grupos da escea folk celta, xa non só galega, senón mundial, estará con nós o 24 de xullo para deleitarnos coa súa música.A viaxe épica de Berrogüetto comeza na primavera de 1995 na Galiza, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara ó futuro, e experimentar novas sonoridades. O nome do grupo resume o seu ideario, evocando o "o berro dos oprimidos". Trasladando este concepto á música, os seus compoñentes consideran que o folk sempre estivo encorsetado nun espazo onde non pode desenvolver libremente as súas enormes posibilidades.
Ao longo da súa traxectoria a formación foise modificando. O equipo fundador estaba composto por: Santiago Cribeiro (acordeón, teclados), Paco Juncal (violín), Quico Comesaña (arpa, mandolina, bouzouki), Guillerme Fernández (guitarras), Anxo Pintos (gaita, zanfona, saxo soprano), e Isaac Palacín (percusión). No segundo álbum Viaxe por Urticaria (1999) incorpóranse Guadi Galego á voz e gaita, e Quim Farinha, que toma o relevo de Juncal no violín. Con esta banda gravarían dous discos máis: Hepta (2001) e 10.0 (2006). No ano 2008 Guadi Galego deixa o grupo e intégrase o cantante, gaiteiro e percusionista Xabier Díaz, con quen editan Kosmogonías (2010). Este seu último traballo é “unha reflexión entre a humanidade e o universo” e “un homenaxe ós heroes anónimos que fan que a vida dos demáis sexa mellor”, segundo Anxo Pintos.
+ info: http://www.berroguetto.com
sábado, 7 de mayo de 2011
PROGRAMA DA ROMERÍA 2011
SÁBADO 23
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2011.
21:00 Probas de son
23:00 III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, cos grupos:
Remakers (Ribadeo)
Medomedá (Santiago D.C.)
Clan Maragato (San Cibrao)
Falperrys (Vigo).
DOMINGO 24
13:30 lanzamento de bombas de palenque.
14:00 Sesión Vermouth co grupo VIVARIUM
15:00 Xantar de Romería
20:00 Pancetada e chorizada, amenizada por A REQUINTA DA LAXEIRA
22:45 Concerto de BERROGUETTO
0:00 Queimada Gratuita
0:30 Verbena a cargo do grupo VIVARIUM
LUNS 25 (Día de Santiago Apóstol)
12:00 Lanzamento de bombas de palenque.
13:00 Misa solenme cantada polo coro parroquial de Cervo
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas A.C. Airiños do Xunco.
14:00 Sesión Vermouth a cargo do Grupo COSTA DO MAR
15:00 Xantar de Romería
22:00 Verbena a cargo do Grupo COSTA DO MAR
1:00 Lanzamento de bombas de Palenque anunciando o remate da Romería 2011.
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo
EXCMA. Deputación de Lugo
INLUDES
20:00 Lanzamento de bombas de palenque, comeza a Romería 2011.
21:00 Probas de son
23:00 III FESTIVAL SARGADELOS FUSIÓN, cos grupos:
Remakers (Ribadeo)
Medomedá (Santiago D.C.)
Clan Maragato (San Cibrao)
Falperrys (Vigo).
DOMINGO 24
13:30 lanzamento de bombas de palenque.
14:00 Sesión Vermouth co grupo VIVARIUM
15:00 Xantar de Romería
20:00 Pancetada e chorizada, amenizada por A REQUINTA DA LAXEIRA
22:45 Concerto de BERROGUETTO
0:00 Queimada Gratuita
0:30 Verbena a cargo do grupo VIVARIUM
LUNS 25 (Día de Santiago Apóstol)
12:00 Lanzamento de bombas de palenque.
13:00 Misa solenme cantada polo coro parroquial de Cervo
13:30 Procesión a cargo do grupo de gaitas A.C. Airiños do Xunco.
14:00 Sesión Vermouth a cargo do Grupo COSTA DO MAR
15:00 Xantar de Romería
22:00 Verbena a cargo do Grupo COSTA DO MAR
1:00 Lanzamento de bombas de Palenque anunciando o remate da Romería 2011.
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo
EXCMA. Deputación de Lugo
INLUDES
lunes, 25 de abril de 2011
GAÑADORES do III TORNEO DE MUS
Todo transcurreu con total normalidade, onde a competición foi do máis igualada. Pasando a Semifinais, por unha banda os burelenses Raúl-Otero contra a parella local Ramón-Xacobo. Disputando a outra semifinal as parallas da localidade de Burela Nando-Josué contra Suso e Joel, éstes ultimos pasarían á final xunto con Raúl-Otero. O 1º premio, que consistía no 50% da recaudación +agasallo, disputaríano finalmente Raúl-Otero (na foto) vs. Suso Joel. Gañando os primeiros, por un contundente 3-0. Os segundos clasificados laverían o 20% da recaudación +agasallo.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos agradece a participación, a competitividade e deportividade de todas as parellas, así como a estimada colaboración da Pousada O Almacén. Gracias!!!!!!
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos agradece a participación, a competitividade e deportividade de todas as parellas, así como a estimada colaboración da Pousada O Almacén. Gracias!!!!!!
domingo, 17 de abril de 2011
III TORNEO DE MUS
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos" organiza o III Torneo de Mus o sábado 23 de abril na Pousada O Almacén de Cervo. Xa sabedes que iso de fardar de ser a mellor parella de mus da volta non se paga con diñeiro!COSTE DA INSCRICIÓN: 20 euros.
PRAZO: ata o sábado ás 12 horas, chamando por teléfono ó 653.324.047 (ou mandando un mail a fervenzadesargadelos@gmail
PREMIOS: 50% recaudación para os PRIMEIROS CLASIFICADOS e 20% da recaudación para os SEGUNDOS CLASIFICADOS.
ORGANIZA: A.C.R. FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORA: POUSADA "O ALMACÉN"
domingo, 23 de enero de 2011
III edición da FESTA DA FABADA
O sábado 19 de febreiro celebraremos a III FESTA DA FABADA na praza do Souto de Cervo.A repartición de racións (fabada+pan+viño+tarrina) comezará a partires das 19:30 en dita praza. Posteriormente, a partires das 22:30, terá lugar a verbena no interior da carpa a cargo do Grupo Costa do Mar. No descanso da actuación membros da asociación realizarán o sorteo dun lote de productos mariños. Alí vos agardamos, traede fame e gañas de festa.
ORGANIZA: A.C.R FERVENZA DE SARGADELOS
COLABORAN:
EXCMO CONCELLO DE CERVO
INLUDES
EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO
martes, 28 de diciembre de 2010
CESTA DO DÍA DO NENO
Chega o día 6 de xaneiro, e chega o día do NENO. A A.C.R Fervenza de Sargadelos ofrécevos a oportunidade de gañar unha gran cesta do NENO. E para iso simplemente tendes que acercarvos á "Pousada O Almacén" de Cervo e botar unha firmiña por un módico prezo de 2€.......ou máis.O número gañador será aquel que coincida coas dúas últimas cifras do gordo da Lotería do Neno, que se celebra o día 6 de xaneiro.
"Fervenza de Sargadelos" non para, e seguímosvos ofrecendo a opotunidade de gañar premios, para os cales agradecemos a vosa colaboración
MOITA SORTE
jueves, 2 de diciembre de 2010
III NOITEBOA INFANTIL
VENRES 24 de DECEMBRO celebramos a III NOITEBOA INFANTIL para os máis pequenos da casa, coas seguintes actividades:-BENVIDA A TOD@ OS NEN@S
-XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
-CHOCOLATADA GRATUITA
-VISITA DE PAPÁ NOEL
-CONTACONTOS INFANTIL
Durante a tarde venderanse rifas, para o posterior SORTEO DE 5 KG DE CENTOLOS que se celebrará nos bares de Cervo, a partires das 20:30 h.
ORGANIZA: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
COLABORA: EXCMO. Concello de Cervo
viernes, 22 de octubre de 2010
Á VENTA A LOTERÍA DE NADAL
Comunicar que xa está a venta, a lotería de nadal da A.C.R. Fervenza de Sargadelos. Poden mercala nos seguintes establecementos: Café-bar CASETO DE COPA, FARMACIA de Cervo, GASOLINERA de Cervo e Pousada O ALMACÉN. Ou tamén a calquera membro ou colaborador da asociaciónO número é 0 47.126, o portador da papeleta xoga a cantidade de 4 €, para o Sorteo Extraordinario de Nadal, que se celebrará o día 22 de decembro de 2011. O prezo da papeleta é de 5 €, coa participación de 4 € e 1€ de donativo.
Os décimos están depositados no BBVA de Cervo
MOITA SORTE
lunes, 20 de septiembre de 2010
CEA DE MEMBROS E COLABORADORES
Os membros da xunta directiva, agradece toda a colaboración recibida ó longo do ano, e non só na organización da Romería de Sargadelos 2010, senón tamén que agradece o traballo e comprimiso nas activdades que se fixeron con anterioridade (noiteboa infantil, campionato de mus, festa da fabada, etc). Gracias a todos vós
Por outra banda, Fervenza está de aniversario, xa que tamén este sábado, a entidade cumpre dous anos de vida, e esperamos que sigamos cumprindo moitos máis. Traballando no e para o pobo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
