jueves, 29 de enero de 2009

ENTREVISTA EN "La Voz de Galicia"

A pie de calle «Queremos recuperar o ambiente de antes da romería de Sargadelos»

XOSÉ FERNÁNDEZ Presidente da Asociación Cultural Fervenza de Sargadelos recientemente creada.

Unha nova asociación cultural, Fervenza de Sargadelos, naceu en Cervo. Presídea Xosé Fernández Segurado (Cervo, 1979), ao que acompañan na directiva Xacobo Casal, Ramiro Chaves Mon, Eva Martínez, Honorato Fernández Fraga, José Manuel y María Jesús González (Chopi y Chus), entre outros colaboradores.
-¿Por que se crea a asociación?
-O ano pasado houbera rumores de que non iba a haber romería en Sargadelos. Facíase daquela maneira, ás présas e correndo, e a xente xa non ía. O ano pasado cando acabou prantexámonos varios chavales de Cervo de organizarnos para que non se perdera. Así podemos optar a subvencións e ter un rexistro civil.
-No colectivo hai xente nova de Cervo que ten xa experiencia en asuntos culturais e deportivos, ¿non?
-Hai que tomar o relevo un pouco. A de Sargadelos é unha festa á que levamos indo toda a vida e non queremos que se perda, máis que a acampada, o Sargadelos de antes, a xente comendo, a verbena... O obxectivo principal é intentar recuperar o ambiente que había antes. Sabemos que vai ser un reto intentar relanzala e como vai coincidir co Monte Castelo... intentaremos que non coincidan pero se non pode ser non pode ser... aínda que o Sargadelos ten que ser o 25 de xullo.
-O 14 de febreiro farán a primeira Festa da Fabada en Cervo.
-Vámola facer para recadar fondos. Ao longo do ano faremos cursos, sorteo de algo... non vivir so da subvención. E non so nos vamos a centrar en Sargadelos, abarcamos o ámbito cultural, recreativo, deportivo, etc.
Autor: Y. García

No hay comentarios: