viernes, 15 de mayo de 2009

CAMISETAS XA Á VENTA

Xa están á ventas as camisetas da Romería Sargadelos 2009 "VOLTA Á ORIXE". Todo aquel ou aquela que queira mercar un exemplar, xa está á venta no Caseto de Copa de Cervo. Ou tamén preguntando a calquera membro/a ou colaborador/a da A.C.R. Fervenza de Sargadelos.
O prezo da comiseta é de 10 €. Tanto a camiseta de muller como de home. E por suposto contamos con diferentes tallas ó gusto do consumidor.
Moitas gracias e non te quedes sen camiseta.!!!!

jueves, 30 de abril de 2009

I MARATÓN DE TUTE "Fervenza de Sargadelos"

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza, logo do campionato de mus, o seu primeiro Maratón de Tute. Será o 9 e 10 de maio (ou un só día, en función da cantidade de participantes). A competición será por liguilla accedendo os mellores ás eliminatorias. O prezo da inscripción será de 20 euros por parella, e podedes apuntarvos tanto no 653.324.047 coma no Caseto de Copa, con data límite do xoves 7 de maio. Os primeiros clasificados obterán o 40% da recaudación, os subcampións o 20% e os terceiros o 10%. No caso de non poder asistir a tódalas partidas, non vos preocupedes; cada parella pode escoller un participante máis como sustituto ocasional.
Será no Caseto de Copa e na Pousada O Almacén, na localidade de Cervo. O maratón comezará o sábado 9 ás 11 da mañá ata as 14:00, e de 16:00 ata rematar.

domingo, 12 de abril de 2009

I CAMPEONATO DE MUS

Este pasado sábado, 11 de abril, celebrouse no Café Caseto de Copa, o I Campeonato de Mus "Fervenza de Sargadelos". Con doce parellas participantes, saíron gañadores Rolando e Camouco de Burela, frente a Julián e Xan tamén da localidade burelá. A primeira parella gañou un total da 50 % da recaudación máis dúas botellas de viño Rioxa e Albariño. A segunda parella clasificada, acadou o 20 % da recaudación máis outras dúas botellas de viño, Ribeiro e Rioxa.
Dende a Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos, queremos agradecer a todas as parellas participantes por un día moi especial de mus e sobre todo da gran deportividade demostrada. Gracias.

lunes, 30 de marzo de 2009

I CAMPEONATO DE MUS "FERVENZA DE SARGADELOS"

O Sábado 11 de abril, terá lugar no Caseto de Copa, en Cervo, o I CAMPEONATO DE MUS "FERVENZA DE SARGADELOS". A inscrición será de 15 € por parella con data límite para apuntarse ata o 9 de abril. A parella gañadora levará o 50 % da recaudación, e a segunda clasificada levará o 20 % da recaudación. O campeonato comezará ás 17:00 da tarde. (puntualidade)
Para apuntarse, pódese chamar ó 653324047, ou apuntarse no Caseto de Copa, en Cervo.
Ornaniza: A.C.R. Fervenza de Sargadelos
Colabora: O Caseto de Copa

miércoles, 4 de febrero de 2009

SORTEO DE 7kg. DE CENTOLOS

Recordar que o mesmo día da I FESTA DA FABADA do sábado 14 de febreiro, durante o festexo realizarase un máis que interesante e apetitoso sorteo de 7 kg de centolos. Iranse ofrecendo tiras con dez números cada unha. Cantas máis tiras merques, máis posibilidades.
Nada mellor que despois dunha boa ración de fabada, un centolos nunca veñen nada mal.
ANÍMATE!!!

jueves, 29 de enero de 2009

ENTREVISTA EN "La Voz de Galicia"

A pie de calle «Queremos recuperar o ambiente de antes da romería de Sargadelos»

XOSÉ FERNÁNDEZ Presidente da Asociación Cultural Fervenza de Sargadelos recientemente creada.

Unha nova asociación cultural, Fervenza de Sargadelos, naceu en Cervo. Presídea Xosé Fernández Segurado (Cervo, 1979), ao que acompañan na directiva Xacobo Casal, Ramiro Chaves Mon, Eva Martínez, Honorato Fernández Fraga, José Manuel y María Jesús González (Chopi y Chus), entre outros colaboradores.
-¿Por que se crea a asociación?
-O ano pasado houbera rumores de que non iba a haber romería en Sargadelos. Facíase daquela maneira, ás présas e correndo, e a xente xa non ía. O ano pasado cando acabou prantexámonos varios chavales de Cervo de organizarnos para que non se perdera. Así podemos optar a subvencións e ter un rexistro civil.
-No colectivo hai xente nova de Cervo que ten xa experiencia en asuntos culturais e deportivos, ¿non?
-Hai que tomar o relevo un pouco. A de Sargadelos é unha festa á que levamos indo toda a vida e non queremos que se perda, máis que a acampada, o Sargadelos de antes, a xente comendo, a verbena... O obxectivo principal é intentar recuperar o ambiente que había antes. Sabemos que vai ser un reto intentar relanzala e como vai coincidir co Monte Castelo... intentaremos que non coincidan pero se non pode ser non pode ser... aínda que o Sargadelos ten que ser o 25 de xullo.
-O 14 de febreiro farán a primeira Festa da Fabada en Cervo.
-Vámola facer para recadar fondos. Ao longo do ano faremos cursos, sorteo de algo... non vivir so da subvención. E non so nos vamos a centrar en Sargadelos, abarcamos o ámbito cultural, recreativo, deportivo, etc.
Autor: Y. García